5 de diciembre de 2018

MEMBROS DO DEPARTAMENTO E FUNCIÓNS

Inmaculada Pérez Aparicio. Xefa do Departamento de Orientación.
● Laura Martínez Durán: Profesora de Apoio.
● Aarón Paredes Costa: Reforzo educativo.
Raimundo Santomé Martínez. Profesor de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica

 FUNCIÓNS:

Co alumnado
● Valorar as necesidades educativas dos/as alumnos/as e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
● Participar e organizar as  avaliacións psicopedagóxicas e  iniciais.
● Facilitarlle ó alumnado apoio e asesoramento:Ingreso no centro, Cambio de etapa ou ciclo, Resolución de conflitos de relación interpersoal.
Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe.

Co Profesorado
Elaborar de acordo coas directrices establecidas pola  Comisión de Coordinación Pedagóxica,  o Equipo de animación pastoral e este Departamento , a proposta do plan de Acción Titorial de Centro, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado.
Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa.
● Coordinar as accións dos/as profesores/as de apoio na atención do ACNEAE., elevando ao Xefe  de Estudos, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para ese/a alumno/a.
● Participar con voz e sen voto nas sesións de avaliación para o deseño,desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas.
● Formar ao claustro sobre trastornos asociados ás dificultades da aprendizaxe.

Coas Familias
Promover a cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos/as seus/súas fillos/as, especialmente no relativo ámotivación e á construción do autoconcepto e da autoestima; así coma na toma de decisións.
Organización da  Escola de Pais do colexio.

Con outras institucións
● Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de orientación.
Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións no ámbito das súas competencias.

Coa administración educativa
         Responsabilizarse da redacción do Plan Anual do Departamento e da Memoria Final de Curso.
     Atender as peticións que poda requerir.